sábado, 16 de noviembre de 2019

FOTOS QUE NON SE ENSINAN

Poñer nun blogue fotos que non se ensinan parece unha contradición, pero sería unha máis da vida. No meu caso son fotos unhas veces malas non buscadas e outras non tan malas pero buscando algo que nin eu mismo a veces sabería definir. O caso é que unhas e outras teñen en común a dificultade para extraer de elas algo convencional e que nunha revisión por dixitalización salváronse do "eliminar". Tentar explicar unha por unha sería imposible. Solamente vos introduzo en un mundo de distorsións, cruces, defectos, raizos do tempo,.... Supoño que todo ten algunha xustificación pero non sempre hai porque verlla. Chamámoslle locura?



















martes, 25 de septiembre de 2018

REMEXENDO NAS SOMBRAS









En silenzo

Esta derradeira semana de novembro do 2018 esa outra dimensión da realidade, as sombras, chamou varias veces a miña atención. En fidelidade aos meus impulsos engado algunha nova ausencia de luz. 







martes, 17 de julio de 2018

SANTOALLA - VAL DO SILENZO 2

(Estas non son Fotos de Diario evidentemente)
03/03/2018
Algo fermoso na vida e xuntar a tua unidade familiar, pais e fillos xa adultos, con sensacións vitais compartidas e disfrutar un fin de semana xuntos, con unha paisaxe impresionante. A premura por aproveitar o tempo non quita un almorzo relaxado no que as sonrisas se sobrepoñen aos tazóns de café. A mín atribueseme sen discusión a guía do grupo coa condición de que non queira abarcar moito. Fágome de rogar pero no fondo ata eu mismo sei que me gusta. Pois ala, ordeno coller a A6 ata Nadela e logo a vía de altas prestacións a Monforte que por fin chegou a este pobo, que sempre que paso me entristece un pouco lembrando que o estudaba de rapaz como un gran nucleo ferroviario. Unha das miñas ampliacións de ruta apunta as pasarelas do rio Mao. As chufas do sitio crearonme o desexo de ir. Pero antes de asolagarnos da Natureza na Ribeira Sacra recomendo unha parada de mantemento na Cantina de Doade, levamos un retraso asumible. Baixar dende ali ao embarcadeiro  é unha maravilla sucada de beleza e dureza. Teño por aí atras outra entrada de este descenso: http://xosemanoel.blogspot.com/2016/05/doade-dureza-previa-copa.html
Serpenteamos entre a viña heroica para baixar ao embarcadeiro e serpenteamos entre arboredas historicas i heroicas do outro lado, cruzando pequenos rueiros. A dereita deixamos o que queda da Teixeira. Pouco máis adiante  aparece un indicador de Fervenzas do Cachón que algúns xa coñeciamos. Se vou eu unha fervenza é sempre unha parada obrigatoria. O río, con bo caudal, baixa rápido na sombra, bordando pedras e musgo. Cautívanos.







Por entre as polas espidas de follas e poboadas por mántos de líquenes chegamnos unhas pingueiras que se mezclan ca bruma levantada po a fervenza, modesta, pero que se disfruta moito mais ao vivo.
Seguimos o noso camiño ata a central que creo que tamén se emprega como albergue. Agora toca camiñar sobre taboas que van sorteando as pendientes e os desniveis, mesmo con escaleiras. Quenes vivimos rodeados de Eucaliptos se fosemos ata alí cos ollos vendados ao ver pareceríanos que estamos en outro país. Estamos prácticamete solos na fraga.






















Ímonos convencidas de ter aproveitado ben a mañá. Será mellor chamar a Parrillada Torres chegaremos bastante xustos e paréceme un bo sitio para repoñer con bo gusto e prezo económico as calorías gastadas. Bueno, unhas poucas mais. Decímoslle a Google que nos leve a Quiroga. Como non lle poñemos moitas condicións danos mil reviravoltas antes de achegarnos a Castro Caldelas. Empezamos a dudar sobre se haberá brasa na parrillada: co importante que é un xantar nunha convivencia familiar! Baixamos de San Xoan de Río a San Clodio, estrada de montaña impresionante. Daramnos de comer pero os placeres da mesa non van entrar no relato.
Queda un bocadiño de día e como a min sempre me parece que da tempo a ir a moitos sitios, que mellor ocasión para perdernos en eses montes que rodean o falso lago da Rúa e ir ata Santolla. Non che soa? Si, onde Chano Piñero rodou ”Sempre Xonxa”. Tamén coñecido este pobo por unha disputa entre dúas familias polo aproveitamento do monte veciñal que rematou co asasinato de un residente de orixe holandés. Moi soado aquelo, atoparedes moita documentación, incluso un documental extranxeiro. Ali residen as dúas familias de asasino e asesinado ainda hoxe. Un pobo tétrico que pareceu ter sido víctima de un bombardeo. Así é hoxe:



















O paseo entre ruinas vai facéndose máis inhóspito según vai cedendo o día. É como se en calquera mómen de entre a mestura de  pedras e lousas fose sair algún ser, metade pantasma metade humanos, que nos fose roubar ao mundo real para soterrarnos entre este acabouse. Xa no coche pregúntamonos polo cemiterio. Eu manifesto telo visto, como un curtizo para os cobos, pero xa hai poujca luz polo que decidimos seguir o noso camiño  entre bromas sobre medos e asasinos, pero unha vez que emprendimos o retorno.  Pero como non podía ser de outra maneira, o seguínte fin de semana tiven que pasar pola zona e achegueime. Incluo aquí as fotos para darlle continuidade a reportaxe. Nada cambiara no pobo parado nun terremoto do tempo, alí seguían as mesmas vacas, da cor das sombras, como guardianas  dos segredos do pobo saidas de outra dimensión. Entre nos: non me atrevín a pisar o campo santo.









Volvo a continuidade no tempo tal como a coñecemos os vivos. Deixamos o pobo na penumbra e puxemos rumbo fora do país, se é que remata, como nos din, sobre o Sil, ao pasar un tunel na Serra da Enciña da Lastra para entrar en outro xa na provincia de León. Se siguen a Gayoso e o seu Luar, como va irematar alí o noso país?  Aquí habería que poñer un monigote de esos das redes sociais con sonrisa sarcástica. 
En Corullón espéranos un hotel onde repoñer forzas, Ten o encanto do pequeno e da antención  dos donos. Disfrutamos unha cea familiar agradable i ata nos permitimos uns chupitos disfrutando nos solos da cafetería. Logo de un sono reparador un almorzo tranquilo, o Val do Silenzo. Si, ese onde o ermitaño San Genadio, querendo concentrarse na súa introspección espiritual mandoulle calar ao rio.
Deixamos atrás Ponferrada e a partir de San Cristobal de Valdueza a carretera retórcese co río ata levarnos a Peñalba de Santiago. As primeiras cumbres nevadas ínvitamnos a facer unha paradiña, respirar profundamente e sentir que o mundo non remata nos confíns das  beirarruas  de cemento de calquera vila ou cidade. Engado algunhas fotos de este paraiso da Natureza.












En Val do Silenzo 1 teño máis fotos de este mesmo pobo, que resulta moi gratificante para pasar unha fin de semana tranquilo e de reseteo da sensibilidade.(http://xosemanoel.blogspot.com/2018/03/val-do-silenzo-1-ponferrada.html?m=1) Logo de un bo paseo decidimos emprender o retorno. Tralo domingo ven o Luns e non se pode chegar moi tarde..Pero a miña avidez por ver algo máis estimulase con un simple indicador de dirección: Montes de Valdueza. Aló imos, con tal que nos quede tempo para xantar calquera escapada do itinerario é boa. O convento en restauración está pechado, rodeámolo e damos unha volta polo pobo, que como todos os de motaña quedalles pouca vida da que tiveron e parece que están esperando por almas  lonxanas como nos, para rexurdir do seu solpor.


















A foto de familia en este pobo lembranos que en adiante  queda regreso e un pouco de nostalxia mesturada co desexo de repetir escapada.Poñemos punto final con un xantar en San Cristobal de Valdueza onde un Maserati, un Panamera e algún exclusivo máis sacuden a nosa humilde condición. Ao pedir a conta non houbo crise cardíaca e con toda normalidade botamos duas horiñas de contos e lembranzas ata Mántaras..Estivo moi ben.