Fai pouco comencei unha etapa nova na que quero recuperar as ansias de pequeno explorador nos recunchos verdes da miña aldea que ainda resisten a presión dos eucaliptos, moitas veces de xeito agónico. Pensaba hoxe que dentro de dez anos tal vez non poida facelo, pero que posiblemente tamén quede pouco a onde ir. Somos unha xeración que vivimos vivimos a transición de altos ideais a unha vaga de estupidez e de unha natureza diversa a unha vaga de lumes pola acomodación da acción humana sobre a Natureza á vaga de estupidez i egoísmo.
Cada un de estes paseos convirtese nunha experiencia de cores e sons segundo a segundo. Cada foto daría para un longo comentario empezando polo recoñecemento de que as imaxes nunca fan xustiza á experiencia sensorial que as motiva, que poden provocar algo de cansancio por repetitivas, o cual é algo que non ocorre na realidade, na realidade nunca cansan.
Deixovos con elas.




























No hay comentarios:
Publicar un comentario