sábado, 19 de septiembre de 2015

CIES

Dende a Costa da Vela a Oia os meus ollos busacaron imnumerables veces as Cies, nacendo, poñendose o sol, ou entre grises desafiantes e bretemas misteriosas. Por fin toca achegarse a ese mundo de sereas e infindos. Xa botamos o pe a terra: lindo dia para empaparse de espírito atlántico. Hoxe será algo máis que esas fotos de diario intercaladas na xornada de traballo. 


Empezamos a subida ao primeiro faro  O de Punta Robaleira semella, enfrente, saido de un conto máxico


 Os pescadores, alleos ao descanso de fin de semana, faenan e as gaivotas tentan sacar algun proveito do traballo alleo

Cabo Home tende a man pero non chega



A xente dende o continente parece querer falarnos, porque o mar achega os espiritos


O Facho vixila dende a memoria dos tempos e agarda unha man restauradora



As rochas érguense bravas en almenas


Mentres os pinos comparten sususrros  co vento


O horizonte tenta a alma a buscar o infindo


As illas retórcense i eu non sei o por qué. Se é por angustia que a compartan pero non quero sabelo. A fermosura sempre se entrelazou coa angustia.


Unha parada máis para vixiancia coa outra illa, a que nunca irei.


Sempre, ata aquí, hai luces e sombras no camiñar


Ata estes ameazantes eucalíptos forman parte do múndo de luces e sombras, quedando espidos pola forza dos temporais que de cando en cando azoutan este paraíso, que o é hoxe.


Un fugaz xantar e un pequeno descanso. "Compartímolo, si, compartímolo"


Un tempo relaxado antes de empezar o reto da subida ao outro faro



Rochas caladas polo tempo


E subo, e subo, constante, tentado tocar o ceo


Quixera ter a seguridade das gaivotas para afrontar as alturas


De volta fíreme un adefesio froito da sinrazón


Non esquezo a vida en en blanco e negro


 A vontade supera a dor


Dúas derradeiras miradas dende dentro



Este túnel virtual cruza o tempo en direción a realidade de calquera luns.


Adeus, adeus







 Todo vai rematando, e os faroles bermellos lémbrannos que volvemos a cruzar a longa fronteira da ilusión.

Volvemos a ser actores de un mundo tal vez frio, tal vez gris, tal vez moi cuestionable


Dende o amencer ao solpor, dende calquera outeiro ou calquera praia, as miñas pupilas e os meus sentidos voltarán na percura das Cies, buscando un poio para achancar entre o vida cotiá e a ilusión dun paraiso terrenal.

PASEOS POR IRIXOA.

Imaxes de o pe da casa que xa era hora