sábado, 6 de febrero de 2016

SUBINDONOS POLAS PAREDES

Fai moito tempo que quero xuntar unhas fotos que teño de graffitis.Para algúns non terán trascendencia pero a mín siguen impresionandome cada vez que as miro. Como non son moitas supoño que vale a pena perder uns minutos. A verdá e que non sei que comentar sobre eles solo quero velos.

Este debe ser o primeiro que fotografiei na praia de Areas en Sanxenxo. A última vez que o vin xa case non se percibía.

Este segundo está na rúa Taramancos, en Ourense
Os seguíntes están no dique do porto da Guarda.




 

Vou agora con uns que están nun paseo pola veira do Miño a altura do centro comercial Pontevella aproximadamente, en Ourense.


 


Esta está no casco antigo, tamén en Ourense 
 

En Vigo nunha escalinata por encima de Camelias. Foi unha iniciativa antes das eleccións municipais do 2015 hai máis da mesma tanda pero esta e outra que está proxima, son as que máis me gustan.

Agora engadirei as das ruinas da factoría de baleas de Massó no salgueiron en Cangas. Tal vez polas ruinas e o lixo que alí había foron as que máis me impresionarón. Hoxe esta todo pechado, supoño que por seguridade e hixiene e empezouse a humanizar o paseo pola veira do mar. Se tedes ocación de leer algo sobre a historia de esta factoría e moi interesante a organización que alcanzou, mais alá de consideracións ecoloxistas que por suposto defendo. E algo que ainda sería sorprendente hoxe. Engado algunhas do edificio para lembrar que este espazo estivo proposto para centro comercial, como non, pero contou con unha forte oposición popular.














E ata aquí tamén, chegaron tamén as verbas de E. Galeano, a que recentemente descubrira:
LOS NADIE

Aquí remata esta pequena colección que posiblemente vaia aumentando. Pero creo que sempre cerrarei con este que está nun pilar da ponte da autovía en Pontedeume. Só por sementar un pouco de ilusión que moitos tanto precisamos en horas baixas.