sábado, 8 de noviembre de 2025

COUREL 3

  Sendo eu un aldeano parece que os meus paseos de ocio deberían encamiñarme a algunha urbe ou descomunal galpón mercantilizado. Pois non. Busco case sempre algo máis radicalmente rural que a miña aldea. Busco esa Galiza que algúns lumbreras identificarán con atraso i eu relaciono con incomprensión e abandono. As fotos que hoxe amosarei  non son as mellores que teño de esa terra, xa teño publicado mellores, pero suman beleza, identinade e melancolía, polo outono,  pola terra, polo que podía ser e non é e seguramente, debo recoñecelo polo meu outono persoal i existencial.

Non me extenderei en verbas hoxe. Trátase de desfrutar desde o recoñecemento de que as fotos non fan xustiza suficiente á realidade. 
 








Estas sete fotos embriagadoras son en Belesar, un sitio polo que pasaba a miudo e  que non podía deixar de largo. 


A ruta que queríamos facer tíña que empezar no Incio pero realmente empezou en Belesar. 




Despedimonos de Belesar e poñemos rumbo ao incio onde nos sentará ben unha paradiña para o segundo café da mañá camiño do suxestivo nome de A Ferrería
 
Ao chegar á Ferrería o primeiro que nos sorprende é o edifício de un grande e antigo balneario encarcelado entre andamios abandoados, silvas i hedras. Curiosamente non lle fixen ningunha foto, tal vez esa ausencia foi unha fuxida inconsciente do abandono e o cárcere da incomprensión. Non cabe duda que foi un pobo importante como pdedes comprobar se rebusades na ampla información existente na web. Deixovos unhas imaxes de A Ferrería 






Remata esta pequena exploración cos ladros de un can que parecen vir de outro tempo ou de outro mundo, ladros de advertência pero sen agresividade, que fan cuestionar quen é o fantasma: nós ou o can? 
Poñemos rumbo a Seoane do Courel como lugar máis seguro para poder xantar. 

Cada unha das numerosas curvas é unha porta a beleza da terra, ao asombro e ao enamoramento das nosas raices e os  cumes e profundos vales da nosa personalidade






Un xantar de calidade e prezo razoables para a nosa humildade marca o empezo do retorno para que nos anoiteza en camiños máis amplos. Unha derradeira parada en Paderne de Meiraos, onde pernoctamos en otra de estas escapadiñas tan entrañables como curtasNon podo esquecer á persoa que esperara con paciencia para recibirnos na casa rural (Casa Cáselo) mentres estábamos perdidos nunha noite sen conexión na que as últimas indicacións do Google  deixáromnos perdidos e á moza con menos horas de diversión en Sarria. Grazas.  




Con cumprimento do plan horário previsto chegamos ao Cebreiro contentos de respirar outono, de respirar Galiza e a tempo de mercar un carecterístico queixo que non gustará a todos pero non deixa indiferente. Comentó que logo aparecerán por aquí os da TVG para grabar as primeiras nevadas como se fose algo excepcional.  


Xa teño ganas de repetir por un dos outros múltiples camiños!!!  (Non vimos eucaliptos)