miércoles, 16 de julio de 2014

O DIA LANGUIDECE

Remata un dia de traballo, duro, desesperanzador ou lixeiramente satisfactorio. A necesidade de rachar  aarrastra a un areal, a unha rocha, ao estoupido contundente e periódico das olas, ao vento que cargado de  salitre sanea a mente. Pisamos o pisado.





sábado, 1 de diciembre de 2012

CUMPLINDO CINCUENTA E SETE


Cando cruzas un certo paralelo da esperanza de vida empezas a ollar o pulsar da natureza. Cada vez veste mais como unha onda vital condenada ao absurdo da desaparición se non é pola xente coa que interacionas de algun xeito. Hai momentos nos que te sintes tecido co mundo que te rodea.


Outras veces sentes esa soidade física ou metafísica, de reflexións, de contradicións, de tempestades...




Pero sempre podes manter un pouco de calma entre a vida que pasou e a queda para completar ese ciclo. Como sempre hai algúns que non comprenden que dende que nacemos estamos rematando, os que si o comprendamos supoño que trataremos de colaborar en facernos a vida mais levadeira. Por eso e de agradecer o cabrearse xuntos, sorrir xuntos, contrastar ideas,... e compartir a treboda que nos votan enriba quenes pensan que poden escapar á súa data de caducidade roubando segundos da dos demais.

Como hoxe estiven curto de verbas, deixovos estas imaxes agradecendo a vosa presenza.




_________________________________________________________________________________

Cuando cruzas un cierto paralelo de la esperanza de vida empieza a mirar el pulsar de la naturaleza. Cada vez te ves más como una onda vital condenada al absurdo de la desaparición si no es por la gente con la que interaccionas de algún modo. Hay momentos en los que te sientes entrelazado con el mundo que te rodea.


Otras veces sientes esa soledad física o metafísica, de reflexiones, de contradicciones, de tempestades....

Pero siempre puedes mantener un poco de calma entre la vida que pasó y la que queda para completar ese ciclo. Como siempre hay algunos que no comprenden que desde que nacemos estamos terminando, los que si lo comprendamos supongo que trataremos de colaborar en hacernos la vida más llevadera. Por eso es de agradecer el cabrearse juntos, sonreír juntos, contrastar ideas,... y compartir la tormenta que nos echan encima quienes piensan que pueden escapar a su data de caducidad robando segundos de los demás.

Como hoy estuve corto de palabras, os dejo estas imágenes agradeciendo vuestra presencia.





martes, 30 de octubre de 2012

REFLEXIONANDO O VOTO NO SAN ANTON


21/10/2012
Pola mañá debo facerlle unha visita á explotación do Monte Común, o noso monte, noso de todos. Os gatos, que teñen que defendernos dos ratos, obrouse un miragre neles, cando os levei cansaronse de trabarme nas mans. Agora son mansiños e cariñosos. Eles están vixiantes contra calquera perigo e quenes imos por alí non o somos.


Logo de dialogar cariñosamente cos gatos, damos de comer aos xatos que están expectantes. Boa comida para que fagan boa carne.


Pasasolles revista aos seus traseiros por ver como van.Ben, equilibrados, nin monstruos nin gaitas


Miro desde outro ángulo buscando mais luz. Un mes máis e listos para a venta. Un mes mais e decepción polo prezo que nos van ofertar.


Os circulos dos bolos de herba seca compoñen un mural coa axuda da luz que entra, tenue, polo teito


 Os gatos buscan unha posición onde exibirse e acicalarse

Poñense en poscición e dinche: anda fai outra foto que estamos moi lindos.

Fora, vixiar o gando, e un pretesto para dar un paseo e respirar fondo. Os touros, comprenderon que o traballo e disfrute e para compartir e non pelean, pasean xuntos, maxestuosos

O ceo e hoxe fermoso, limpo, moito mais limpo que esa política que teño que axudar a facer votando, participando no sistema.


Unha vaca ten a vista perdida, pacifica. Todo o contrario que se percibise algún perigo para a súa cría. A súa mirada sería unha flecha mortifera y eu non me atrevería a pasar ao seu lado, pero non en ganaría, fariate    saber o que non podes facer.

Disfruto da mestura de árboles e gado, algo que non entenden ben os nosos supervisores europeos, que pouco mais admiten que unha cousa ou outra, inducindo moitas veces a verdadeiras desfeitas das que nos y a natureza que ocupamos somos víctimas

Mai e filla lámbense alleas a que en breve teñen que separarse.






Os touros deitaronse a remoer ou a reflexionar, non o sei


Ainda que as incluo aquí, as que siguen son do día 28. Todo pasou. As eleccións desilusionarón, de esta vez un pouco máis. Pero hai que seguir, como sigue o traballo no Monte: clasificar para cebo, para venta....
Este becerro non sabe poñerse a mesa igual que algúns humanos. Por querer todo para si pisa e caga na comida. Cómo algúns políticos?


As separacións son traumáticas e trístes, pero hai que migrar


Unha derradeira ollada ao horizonte para que non esmorezan os soños.
Que fermosa podía ser a vida!

miércoles, 15 de agosto de 2012

OUTRAS IMAXES DENDE A CORUÑA



Gato triste do Arquivo do Reino buscando calor 

Porta de melancolía

Confusión

Vixilante

Naufraxio por esquecemento